A Xunta de Goberno aproba o proxecto da rampla mecánica de acceso ao centro de saúde de Teis

O proxecto humanizará a rúa Ángela Iglesias Rebollar de xeito integral. O importe previsto na actuación é de 1.308.106 euros. O período de construción é de 6 meses polo que, segundo manifestou o alcalde, “estará rematada o ano que vén”

O acceso ao centro de saúde de Teis terá unha rampla mecánica de 50 metros de lonxitude. A Xunta de Goberno aprobou o proxecto valorado en 1.308.106 euros para a instalación deste novo elemento do Vigo Vertical na rúa Ángela Iglesias Rebollar, cun prazo de execución de seis meses. “Estará rematada o ano que vén”, asegurou Abel Caballero.

O alcalde deu conta deste asunto en rolda de prensa e cualificou a actuación como “unha da maior importancia”: “É unha zona onde acude xente enferma e moitas veces maiores que poden ter problemas de mobilidade. A pendente é imposible de subir camiñando, por iso facemos unha mellora da accesibilidade de todo o entorno do centro de saúde de Teis”.

Deste xeito, a incorporación da rampla mecánica no acceso ao centro de saúde vén acompañada da humanización da rúa: “A rampla estará cuberta cos pórticos metálicos, haberá xardíns de aproximadamente metro e medio a ambos lados, renovaremos a rede de saneamento e fecais, canalización do alumeado e faremos una estatua en honor a Ángela Iglesias Rebollar”, afirmou Caballero.

Ademais o concello reordenará o tráfico na zona coa instalación dun semáforo no cruce da rúa Ángela Iglesias Rebollar coa Avenida Galicia, frente ao número 106.