A Xunta creará 68 polos creativos e 7 pistas multideporte nos centros educativos e institutos da provincia de Pontevedra

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacou que a iniciativa supón “un pulo do modelo educativo no eido da innovación e a transformación dixital” e unha nova vía de colaboración cos concellos para mellorar as dotacións deportivas

A administración galega achegará preto de 380.000 euros ás pistas multideporte, subvencionando ata o 85% do custo destas infraestruturas de titularidade municipal

En canto aos polos creativos, esta primeira fase de implantación chegará en setembro a 64 centros educativos; 44 na área de Pontevedra e 24 na de Vigo

A Xunta de Galicia vén de aprobar a implantación de 68 polos creativos e 7 pistas multideporte nos centros educativos e institutos da Provincia de Pontevedra, tal e como informou hoxe a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias.

No caso da primeira iniciativa, Fernández-Tapias sinalou que supón “un pulo do modelo educativo no eido da innovación e a transformación dixital”, enmarcada na Estratexia de Educación Dixital 2030, a folla de ruta para o desenvolvemento dun ecosistema educativo dixital de alto rendemento e o perfeccionamento das competencias e capacidades necesarias para acadar unha verdadeira transformación dixital. En canto ás pistas multideporte, sinalou que abren unha nova vía de colaboración cos concellos co obxectivo de contribuír a mellora destas dotacións de uso compartido entre a comunidade educativa e a cidadanía.

Ambas as dúas iniciativas póñense en marcha ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica e supoñen un investimento conxunto de case 6 millóns de euros para o conxunto da Comunidade.

Deste modo, segundo indicou a representante autonómica, o obxectivo principal dos polos creativos “é consolidar a Galicia como referente a nivel estatal na incorporación de tecnoloxías STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) ao proceso de ensino-aprendizaxe no sistema educativo público”

Fernández-Tapias detallou que esta primeira fase de implantación de polos creativos chegará este setembro a un total de 68 centros educativos da provincia, dos que 44 corresponden á área territorial de Pontevedra e 24 á de Vigo.

Os polos creativos son lugares de innovación educativa no que se traballan as competencias STEM, a co-creación, a solución de problemas reais e o pensamento de deseño e habilidades. Terán un deseño modular e innovador acorde co Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, dotados de equipamento especializado e organizados didacticamente para o fomento da creatividade, a aprendizaxe por competencias e o traballo manipulativo. Isto é, centros de actividades nos que se abordarán aspectos como a intelixencia artificial, as tecnoloxías intensivas, o procesado audiovisual e artístico, a realidade virtual ou a robótica, entre outros.

Así pois, nos centros seleccionados nesta primeira fase, a Consellería de Educación despregará arredor de 22.000 unidades de material e equipamento especializado. Entre eles  máis de 1.800 robots ou kits de robótica, máis de 2.100 elementos de equipamento audiovisual, preto de 1.000 tablets e 140 taboleiros interactivos, más de 500 elementos de corte por control numérico, escaneado e impresión 3D e unhas 9.000 unidades de mobiliario avanzado, flexible e innovador.

Pistas multideporte

No que atinxe ás pistas multideporte, é a primeira acción deste tipo que se pon en marcha en Galicia, cun investimento de 1,96M€, a través da cal o Goberno galego financia ata o 85% do custo destas infraestruturas lúdico-deportivas nos centros escolares que son de uso conxunto entre a comunidade educativa e a cidadanía. No caso da provincia de Pontevedra a achega é de preto de 380.000 euros. 

Concretamente, veranse beneficiados por esta medida o CEIP Agolada (Agolada), CEIP Pio Cabanillas Gallas (Dozón), o CEIP Fernández López (O Porriño), o CPI Curros Enriquez (Pazos de Borbén), o CEP Pedro Caselles Beltrán (Tomiño), o CEIP Plurilingüe Nº2 (Tui) e o CEIP de San Roque- Corón (Vilanova de Arousa).

As axudas van destinadas a pistas multideporte en centros de Educación Infantil e Primaria e nos centros integrados non universitarios (CPI) de titularidade municipal, cuxo deseño debe ser conforme aos modelos establecidos no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica. O obxectivo é promover unha vida sa entre o alumnado e permitir a práctica de, candomenos, cinco deportes, nun espazo polifuncional.

Os concellos de 5.000 habitantes ou menos podían recibir da Xunta ata o 85% da contía subvencionable ata un máximo de 85.000€ por proxecto. No caso dos concellos con poboacións de entre 5.000 e 15.000 habitantes a porcentaxe subvencionable é do 75% e nos de poboación igual ou superior a 15.000 habitantes será do 60%.

Esta liña de axudas vén a referendar a liña de traballo interinstitucional entre as administracións autonómica e local para o máximo aproveitamento das infraestruturas públicas. Nesta liña, cómpre lembrar ao acordo marco selado entre a Consellería e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a través do cal se regula a apertura das instalacións deportivas dos institutos ao seu uso por parte da cidadanía fóra do horario escolar.

POLOS CREATIVOS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA – 1ª FASE

CONCELLO  NOME DO CENTRO
A CañizaCPI da Cañiza
A EstradaCEIP de Figueiroa
A Illa de ArousaIES da Illa de Arousa CEIP da Torre-Illa
A LamaCEIP A Lama
As NevesCEIP Marquesa do Pazo da Mercé
BaionaCPI de Cova Terreña
BueuCEIP Plurilingüe da Torre-Cela
CambadosCEIP Plurilingüe de Castrelo CEIP de Corvillón CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro CEIP San Tomé
CangasIES Monte Carrasco CEIP do Hío CEIP Plurilingüe da Espiñeira-Aldán CEIP Nazaret
Cerdedo-CotobadeCEIP Plurilingüe de Carballedo CEIP Plurilingüe de Tenorio
ForcareiIES Chano Piñeiro
GondomarCEIP Serra-Vincios
LalínCEIP Xoaquín Loriga
MarínCEIP da Laxe CEP de Sequelo-Marín
MeañoCEIP Plurilingüe de Meaño-As Covas
MoañaCEIP Plurilingüe de Reibón
MosIES de Mos
NiogránCEIP da Cruz IES Escolas Proval
O GroveIES Plurilingüe As Bizocas
O PorriñoCEIP Plurilingüe da Ribeira CEIP Plurilingüe Antonio Palacios IES Ribeira do Louro
Ponte CaldelasCEIP Plurilingüe A Reigosa
PonteareasIES do Barral CEIP Plurilingüe Nosa Señora dos Remedios CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera
PontevedraIES A Xunqueira I CEIP San Martiño IES Montecelo IES A Xunqueira II CEIP de Parada-Campañó IES Sánchez Cantón CEIP Plurilingüe Froebel
RedondelaCEIP Plurilingüe Outeiro das Penas CEIP Plurilingüe de Reboreda CEIP Plurilingüe de Cedeira CEIP Plurilingüe da Igrexa-Chapela
SalvaterraCEP Carlos Casares
SanxenxoCEIP Plurilingüe A Florida
TomiñoCEIP Plurilingüe de Tebra CEIP de Sobrada
TuiCEIP de Rebordáns CEIP Plurilingüe Nº 1
ValgaIES de Valga
VigoIES Valadares CEIP Balaídos CEIP Vicente Risco CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro IES Rosais 2 CEP Plurilingüe Santa Tegra-Teis IES de Teis IES Carlos Casares IES Santa Irene CEIP de Mosteiro-Bembrive
VilaboaCRA de Vilaboa Consuelo González Martínez
Vilagarcía de ArousaCEE de Vilagarcía de Arousa  
Vilanova de ArousaCEIP de Viñagrande-Deiro IES A Basella