A Xunta abrirá a estación de autobuses o 17 de decembro tras os novos atrasos do Concello para a posta en funcionamento do túnel de Lepanto e o fin das obras dos apeos do ascensor Halo

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, confirma a nova data para recibir aos primeiros usuarios en Urzaiz tras comprobar na comisión de seguimento que haberá máis atrasos por parte do Concello

“A pesar de que o alcalde volve a incumplir todo o pactado e que leva cinco meses enganando á cidadania para impedir que abra a intermodal, a Xunta cumpirá o seu compromiso cos vigueses”, sinalou

O Concello de Vigo explicou na xuntanza que xa solicitou os permisos do Goberno central para poder inaugurar os accesos pese a que hai cinco meses negou que fose responsabilidade súa

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou este martes que a nova Estación de Autobuses abrirá o vindeiro 17 de decembro logo de que a comisión de seguemento coñecera que o Concello de Vigo acumula de novo retrasos nas obras dos apeos provisionais para a construción do ascensor HALO e as preceptivas autorizacións do Goberno central.

Segundo informou a representante autonómica, o Goberno galego está en disposición de poñer en funcionamento a nova infraestrutura intermodal de Urzaiz en canto rematen os traballos municipais do elevador que taponan os accesos e unha vez o Ministerio de Transportes dea as autorizacións pertinentes.

Fernández-Tapias explicou que durante a xuntanza convocada para hoxe pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para tratar sobre a estación, o Concello informou de que non podería abrir o túnel de Lepanto ata o 12 de decembro e que seguía á espera de que o ministerio dea os seus permisos.

“A pesar de que o alcalde volve a incumplir todo o pactado e que leva cinco meses enganando á cidadania para impedir que abra a intermodal, a Xunta cumpirá o seu compromiso cos vigueses e porá en funcionamento a estación en canto libere os accesos e teña as autorizacións”, sinalou a delegada.

Ademais, engadiu que a Xunta sempre estivo disposta á apertura para ofrecer aos usuarios unha nova terminal no centro da cidade. “Non existe ninguna razón para que non queramos abrir a estación, pero polo contrario, asistimos aos permanentes impedimientos por parte do alcalde, que hoxe afirma que pediu o permiso a Transportes cando hai cinco meses alegaba que era a Xunta quen tiña que facelo”, apuntou.

“Primeiro dixo que non afectaban a súas obras, logo que non facían falta os permisos, máis tarde que non tiñamos nada preparado ou que non quería os autobuses pola cidade, é unha permanente negativa polo feito de que é unha obra da Xunta e se desmonta a súa estratexia de que non investimos en Vigo”, engadiu.

Finalizada desde o 10 de xuño

A nova estación está finalizada desde hai cinco meses, posto que foi entregada o pasado 10 de xuño. O Goberno galego iniciou este mes o proceso para desenvolver os traballos de adaptación dos servizos públicos de transporte regular de viaxeiros por estrada de uso xeral de competencia autonómica.

Fernández-Tapias engadiu que a Xunta xa comunicou o pasado 10 de novembro ao Concello de forma oficial as catro novas paradas nos percorridos ata a estación intermodal de Urzaiz. “A apertura da estación no centro de Vigo vai a supoñer unha mellora moi importante para os usuarios ao poder desembarcar no centro da cidade e conectar directamente coa terminal de tren”, explicou.

Cartas sen reposta

A delegada territorial lembrou tamén que desde o Concello de Vigo non responderon a ningunha das cartas enviadas os pasados26 de xuño e 28 de xullo para coñecer as datas nas que acaban as súas obras de accesos, sen os que era imposible abrir a estación. A estación de autobuses intermodal de Vigo, que permitirá albergar dous millóns de usuarios ao ano e 500 expedicións de autobuses, será o novo nó de viaxeiros do sur da Comunidade tras un investimento de 18 millóns de euros.