A Vigo Cup 2021 contará con 2.900 participantes de 185 equipos de fútbol

O Concello recupera este ano a Vigo Cup nunha edición que contará con 2.900 particpiantes de 185 equipos diferentes

O torneo de fútbol sala comezará o próximo luns 28 de xuño, mentres os de fútbol 7 e fútbol 11 arrancará o 5 de xullo

O alcalde presentou esta mañá no campo de Navia a Vigo Cup 2021, o único evento deportivo que reúne nun torneo as modalidades deportivas de fútbol sala, fútbol 7 e fútbol 11. Con 2.900 participantes -procedentes de 185 equipos e 38 clubs diferentes -o torneo de fútbol sala – que se incorporou a este evento en 2017 – comezará o luns 28 de xuño e rematará o domingo 4 de xullo; mentres que as competicións de fútbol 7 e fútbol 11, desenvolveranse entre o luns 5 de xullo e o domingo 11.

Tal e como explicou o alcalde, por primeira vez a inscrición é gratuíta, atendendo á situación económica dos clubs desde o inicio da pandemia. Todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa e o sistema de competición, cunha liguiña clasificatoria inicial e cadro de eliminatorias a partido único na fase final, asegura que todos os equipos poidan disputar varios partidos.

A Vigo Cup contará con 150 equipos de fútbol 11 y fútbol 7, de 26 clubs; 35 equipos de fútbol sala de 14 clubs; 2 clubs (Pereiró e Rápido de Bouzas) compiten en ambas modalidades. Aínda que maioritariamente son equipos de Vigo, tamén participarán clubs de Redondela, Salceda de Caselas, Tui, Mos ou Narón (A Coruña).

As categorías do torneo serán as seguintes: fútbol 11 (sub 14 mixta e sub 16 masculina); fútbol 7 (sub 7, sub 8, sub 10 e sub 12 (todas mixtas; e, por último, fútbol sala (sub 6, sub 8, sub 10 e sub 12 (mixtas), ademais de sub 14 (masculina).

Os terros de xogo para fútbol 7 e fútbol 11 serán os mellores campos municipais, entre os que se atopan As Travesas, Samil, Navia e o Vao. Respecto ao fútbol sala, os partidos serán no complexo das Travesas, nos polideportivos de Navia, Lavadores, Coia e Balaídos.

Na súa intervención, Caballero agradeceu o apoio da Real Federación Galega de Fútbol así como as achegas de todas as empresas privadas colaboradoras: Gadis, New Balance, Grupo Recalvi, Frutas Nieves, Vitrasa-Avanza, Coca-Cola, Naviera Mar de Ons, Viaxes Zonda, CdeC, Hyupersa, Faro de Vigo e Altia.