A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez reúnese coa directiva da Federación Galega de Atletismo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa directiva da Federación Galega de Atletismo. Este encontro, ao que asistiron por parte da entidade deportiva o seu presidente, Iván Sanmartín, e o delegado en Vigo, David Posada, enmárcase na rolda de contactos que está a manter a responsable provincial coas distintas federacións.