A Vía Verde loce a primeira intervención do X programa de medianeiras Vigo cidade de cor

A renovación da ponte situada á altura da rúa Coutadas é a primeira das oito actuacións previstas dentro do X programa Vigo cidade de cor. Trátase dunha pérgola téxtil colocada a modo de marquesiña en forma de ondas de tecido

O Concello comezou esta mañá na Vía Verde os traballos da primeira actuación do X programa de medianeiras Vigo cidade de cor. Este novo proxecto permitirá renovar a ponte situada á altura da rúa Coutadas pintando e instalando unha pérgola téxtil a modo de marquesiña.

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

Deseñada por Manuel Martínez Carazo, propón unha estrutura en forma de olas de tecido, xerando unha cuberta que emula o tránsito de auga. O proxecto inclúe unha transcrición dun poema de Patricia Sánchez Abeal. Este ano, Vigo cidade de cor prevé oito novos murais que se sumarán aos 177 existentes.

A Vía Verde, cunha lonxitude de 4,5km, une o centro de Vigo con el término municipal de Redondela- Chapela. Aposta pola mobilidade a pé e en bicicleta con carrís diferenciados.