A Vía Verde, aberta desde Vía Norte ata Coutadas

O alcalde inaugurou este venres o tramo dun quilómetro de longo, aproximadamente, coa previsión de que o resto da senda, que supera os 4 quilómetros chegando ata o límite con Redondela, poida entrar en funcionamento en “dúas ou tres semanas”

“É un modelo, unha antiga vía de tren que pasará a ser zona de paseo, para as bicicletas e o ocio”, apuntou Abel Caballero que deu conta do investimento municipal no conxunto da obra por valor de 3,5 millóns de euros coa cooperación do Goberno de España, a través dos fondos europeos Next Generation EU do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. A achega estatal foi de 1.860.000 euros para esta obra “emblemática da cidade de Vigo”.

Desde este venres queda aberto á cidadanía o primeiro tramo da Vía Verde, dun quilómetro de longo aproximadamente, entre Vía Norte e a rúa Coutadas con mobiliario urbano, 105 novos punto de luz led en catenaria, conta con 30 aparcabicis e con grandes bancos corridos ao longo do paseo para uso cidadá amais de zonas verdes e dúas pasarelas de madeira: a primeira de 55 metros de longo conecta Vía Norte coa rúa Navarra e a segunda, de 120 metros de longo, conecta a rúa Navarra coa Vía Verde.

Respecto ao resto do trazado da Vía Verde que sumará mais de 4 quilómetros de longo, Caballero adiantou que poderá nun prazo de “dúas ou tres semanas abriremos o resto desde Vigo a Redondela”.