A Unidade de Citometría de Fluxo do IIS Galicia Sur cumpre dous anos prestando servizo á investigación propia e a outros organismos científicos

Esta unidade creouse a principios de 2023 trala adquisición dun citómetro de fluxo e un separador celular, que contou co co-financiamento do Instituto de Salud Carlos III

Trátase dunha técnica indispensable para a investigación biomédica co uso máis estendido en hematoloxía, farmacoloxía, oncoloxía ou microbioloxía, aínda que ten múltiples aplicación en terreos como a bioloxía vexetal e mariña, a microbioloxía dos alimentos, veterinaria ou ecoloxía microbiana

A Unidade de Citometría de Fluxo do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur cumpre dous anos dende a súa creación, ofrecendo seus servizos ao persoal de investigación do Instituto, así como a outras empresas privadas e organismos públicos de investigación, como a Universidade de Vigo ou o Instituto de Investigacións Mariñas.

Esta unidade creouse a principios de 2023 trala adquisición dun citómetro de fluxo e un separador celular que contou co co-financiamento do Instituto de Salud Carlos III.

Técnica indispensable

A citometría trátase dunha técnica indispensable e versátil para a investigación biomédica, xa que pode ser empregada dende a investigación máis básica até aplicacións máis clínicas. O uso máis estendido en biomedicina é en hematoloxía, farmacoloxía, oncoloxía ou microbioloxía, aínda que ten múltiples aplicación en terreos como a bioloxía vexetal e mariña, a microbioloxía dos alimentos, veterinaria ou ecoloxía microbiana.

Así mesmo, estes sistemas teñen a capacidade de medir múltiples parámetros celulares simultaneamente, identificando, analizando e separando diferentes poboacións celulares e tendo unha maior sensibilidade para detectar e separar partículas subcelulares (nanopartículas, vesículas ou exosomas; por exemplo), chegando a ter a capacidade de illar unha única célula que se emprega posteriormente para a súa análise xenómica e, incluso, para a creación de liñas celulares e organoides. A unidade de Citometría do IIS Galicia Sur está formada por, Samuel García Pérez, doutor en Bioloxía Molecular e investigador principal do Grupo Reumatoloxía e Enfermidades Inmuno-Mediadas deste instituto, e a investigadora do mesmo grupo, Beatriz Malvar Fernández, que proporciona soporte técnico e asesoramento na posta a punto e desenvolvemento de metodoloxías relacionadas coa citometría de fluxo.