A segunda edición do Festival Terraceo ten xa en cartel un total de 33 concertos nos que participarán 39 artistas. Entre as novidades do segundo avance deste programa para 2021 está a participación de nove solistas femininas e grupos integrados só por mulleres.
Ademais, Los Secretos volven a Terraceo en formato de trío acústico o 28 de maio. O resto das incorporacións ao programa son David Rees, Califato 3/4, Sidonie, Leo Harlem, Ángel Stanich, R de Rumba + Sho Hi, Paco Ibáñez, Freedonnia, Triángulo de Amor Bizarro, Grison y Jaime Caravaca, Beli Basarte y Rulo e La Contrabanda. Andrés Suárez y Carlos Sadness ofrecerán un segundo concerto. Tamén actuarán Wyyga, Its soul, Sanny, Irene e Mariña, Carolina Rubirosa e Zeltia. Repite ademais a cantante porriñesa Xoana, que tivo unha memorable participación o pasado ano.
O Festival será a presentación de dous discos da escena emerxente da música feminina en Galicia. Trátase dos novos traballos de Dani e do dúo Bala. Tamén está previsto que amosen os seus traballos por primeira as bandas viguesas Os Resentidos e The Soul Jacket.
Terraceo está a ter unha “excepcional” acollida entre o público. Nos primeiros días de vendas, xa se esgotaron as entradas de catro concertos: Taburete, Carlos Sadness, Andrés Suárez e Baiuca. Caballero finalizou cualificando o evento como “o festival de música máis importante de España” e reiterou o seu orgullo de que o Concello participe nel.
Cartel:
- 1 de mayo: Taburete
- 7 de mayo: Carlos Sadness
- 8 de mayo: Carlos Sadness
- 14 de mayo: Andrés Suárez
- 15 de mayo: Andrés Suárez
- 21 de mayo: Baiuca
- 22 de mayo: Os Resentidos
- 23 de mayo: Kevin Johansen
- 28 de mayo: Los Secretos
- 29 de mayo: Pol Granch
- 4 de junio: Annie B. Sweet
- 5 de junio: Juancho Marqués
- 11 de junio: The Soul Jacket
- 12 de junio: Kutxi Romero y Los Motores
- 13 de junio: David Rees
- 18 de junio: La habitación roja
- 19 de junio: Sr. Chinarro
- 25 de junio: La Bien Querida
- 26 de junio: El Kanka
- 2 de julio: Califato 3/4
- 3 de julio: Sidonie
- 9 de julio: Nach
- 15 de julio: Leo Harlem
- 16 de julio: Leo Harlem
- 17 de julio: Ángel Stanich
- 23 de julio: R de Rumba + Sho Hi
- 24 de julio: Paco Ibáñez
- 30 de julio: Freedonia
- 31 de julio: Triángulo de Amor Bizarro
- 5 de agosto: Bala
- 15 de agosto: Grison y Jaime Caravaca
- 20 de agosto: Bely Basarte
- 21 de agosto: Rulo y la Contrabanda

