Abel Caballero deu conta este luns do avance das obras de remodelación do Parque Camilo José Cela
Cun orzamento de 350.000 euros, a previsión é que os traballos estean rematados a comezos do ano que vén
Xa comenzaron as obras de renovación do parque Camilo José Cela, cun orzamento de 350.000 euros para crear unha gran área infantil na zona de Torrecederia. Tal e como explicou o rexedor, está previsto a instalación dun pavimento de caucho anti-impactos, a colocación de xogos como unha campa elástica, un balancín, un columpio con hamacas ou un conxunto de escalada, entre outros.
Esta remodelación, que rematará previsiblemente a comezos de 2025, inclúe a reparación da pista deportiva con novas porterías e bancos. Na zona bio-saudable, renovarase o pavimento e os elementos para realizar exercicios. Ademais, renovarase a iluminación e colocaranse papeleiras, bancos, unha fonte e toda a cartelería.

