A Praza da Miñoca terá unha reforma de 1,6 millóns de euros

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o proxecto de mellora e reordenación de espazos na Praza da Miñoca que ten un prazo estimado de execución de 6 meses e que se desenvolverá co fin de «naturalizar o espazo”

Se plantarán cerdeiras, árbores xaponesas e o deseño dos xardíns quedará integrado nos estanques e canalizacións de auga. A reforma inclúe a creación dun río artificial, a disposición do terreo en bancais, a ampliación do parque infantil ata os 2.000 metros cadrados, un parque biosaudable, unha bancada multifuncional e unha zona de parkour.

Amais, o Concello renovará as redes de abastecemento, as canalizacións eléctricas e a rede de pluviais, instalará iluminación nova con maior calidade e aforro enerxético, reparará a escultura da miñoca e recolocará os bancos de pedra entre outras actuacións.

Na sesión de hoxe da Xunta de Goberno Local, quedou adxudicado o proxecto de cubrición do patio do Ceip Balaídos cun importe de licitación de 397.485 euros. As obras inclúen a cobertura dunha pista deportiva, a de maior tamaño e máis próxima á entrada, que conta con porterías de fútbol e un firme deteriorado polo paso do tempo.

A obra enmárcase no convenio de colaboración asinado entre o Concello e a Deputación de Pontevedra, que inclúe tamén a cubrición do patio do Ceip Pintor Laxeiro.