O 15 de febreiro conmemórase o Día Internacional do Cáncer Infantil
O Concello de Vigo iluminará de amarelo a pérgola de Praza América polo Día Internacional do Cáncer Infantil. Abel Caballero declarou en rolda de prensa que acolle a petición da asociación Bicos de Papel e súmase deste xeito á reivindicación deste 15 de febreiro.
O obxectivo é concienciar á sociedade sobre a enfermidade e sobre a necesidade de que todos os nenos e nenas con cáncer teñan acceso a unha diagnose e tratamento adecuados.
Hoxe tamén estarán iluminadas de cor azul as fontes de Aragón para dar visibilidade ao Día Internacional do Síndrome de Angelman.

