A posta en marcha da rampla de Carral culmina a obra da praza de Porta do Sol

O Concello adianta os prazos para a instalación da rampla de Carral, que estará operativa a finais do mes de marzo

Deste xeito, complétase a gran remodelación da Porta do Sol, mentres continúan os traballos do túnel que unirá Torrecedeira e Policarpo Sanz

Abel Caballero revisou esta mañá o avance da instalación da rampla mecánica de Carral e dos traballos de humanización da rúa. Trátase, dixo, do último paso para completar a praza de Porta do Sol, unha das grandes obras da historia da cidade cun orzamento de 17 millóns de euros.

Logo de anunciar que rampla mecánica estará operativa a finais do mes de marzo, antes do previsto inicialmente, aclarou que a estrutura ten unha lonxitude de 27 metros e salva unha altura de 5 metros. Na liña das escaleiras de II República, a rampla estará cuberta un pórtico metálico e vidro e terá unha zona axardinada con árbores na parte alta e nun dos laterais.

Respecto da praza, o alcalde reiterou que a peonalización da Porta do Sol non significará unha volta innecesaria para o transporte da cidade dado que as obra do túnel proseguirá, tan pronto como se solucionen os problemas urbanísticos de Paseo de Alfonso. O paso subterráneo unirá Torrecedeira e Policarpo Sanz e nalgún momento, incidiu, chegará a Alfonso XIII buscando un centro da cidade peonil. Finalizada esta obra, o Concello procederá á reordenación de Carral, remodelando os edificios públicos que están nesa rúa e na Baixada á Laxe.