A Policía Nacional e Povisa recollerán o día 26 as Medallas de Ouro de Vigo 2024 

Representantes do Corpo Nacional de Policía e do Hospital Povisa recollerán, o próximo martes 26 de marzo, as dúas Medallas de Ouro da Cidade acordadas este ano polo Concello no acto da entrega das distincións con motivo da Festa da Reconquista. O primeiro reitor da Universidade de Vigo e actual Valedor do Cidadán, Luis Espada Recarey, será o encargado de ler o bando municipal, segundo anunciou este martes Abel Caballero. O alcalde apuntou que as entidades educativas e deportivas da cidade serán protagonistas dos galardóns de Viguesas e Vigueses Distinguidos.

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

O alcalde relatou que entre os centros nomeados en 2024 como Vigueses Distinguidos, en recoñecemento a cinco décadas de labor docente e formativo, estarán o IES da Guía, o CEIP Lope de Vega e o Colexio Quiñones de León. Entre os galardoados tamén se atopa, a proposta do grupo municipal do PP e co apoio dos concelleiros do PSdeG-PSOE, o proxecto musical, social e pedagóxico, creado en 2021 no Colexio Vicente Risco, “Son das Flores”, que utiliza a música como ferramenta e implica a 40 estudantes de entre 6 e 12 anos.

Caballero sinalou que no ámbito deportivo a presidenta, serán o fundador e o director deportivo do Club Baloncesto Seis do Nadal, Iria Otero, Aalí Mohamed e Sergio González, os que recollan a distinción de Vigués Distinguido. Entre os galardoados tamén se atopa o Celta de Atletismo, “que cumpre 100 anos e é unha peza crave do deporte en Vigo”, así como o Club Deportivo Coia, “un dos clubs máis antigos de España e queremos celebrar os seus novos aniversarios”, explicou o rexedor.