A Policía Local de Mos recupera un coche roubado estacionado en pleno carril de circulación

Os feitos producíronse onte pola mañá na Avenida de Peinador

A Policía Local de Mos informa de que a patrulla de axentes de servizo onte pola mañá realizou, ás 12.50 horas, a localización, na Avenida de Peinador en sentido de circulación Puxeiros, dun vehículo estacionado en pleno carril de circulación que resultou ser un turismo que fora substraído.

O coche estaba ocasionado importantes retencións, posto que non permitía a circulación simultánea de vehículos. Cando os policías locais de servizo procederon a consultar a matrícula do mesmo, comprobando que se trataba dun vehículo sobre o se se cursara denuncia por roubo.

Tras ser recuperado, os axentes actuantes observaron que o vehículo presentaba na parte frontal unha mancha, presuntamente de líquido refrixerante provinte do motor, que indica que puido sufrir unha avaría cando circulaba pola Avenida de Peinador. Por elo os policías dirixíronse aos establecementos cercanos a fin de localizar testemuñas que tivesen visto a quen viaxaba no vehículo.