O detido, que estaba baixo a influencia do alcohol, agrediu presuntamente á súa parella, que tivo que refuxiarse na casa dun veciño en compañía do seu fillo
Axentes da Policía Autonómica da Xefatura de Vigo detiveron onte a un varón como presunto autor dun delito de violencia de xénero.
Os axentes desprazáronse ata o domicilio da vítima, a requirimento da Policía Nacional de Vigo tras recibir o aviso de que se podía esta producindo un delito de violencia de xénero. O detido, que estaba baixo a influencia do alcohol, agrediu presuntamente á súa parella, que tivo que refuxiarse na casa dun veciño en compañía do seu fillo. A muller mostraba unha ferida no pé e hematomas nos brazos, pero non quixo recibir asistencia médica.
No interior do domicilio, os axentes procederon á detención do varón como presunto autor dun delito de violencia de xénero e tramitaron as dilixencias na Comisaría da Policía Nacional de Vigo.
Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 253 vítimas de violencia de xénero.

