Esta coñecida ópera representarase o vindeiro sábado no Auditorio Lois Tobío, dentro da programación de “Gondocultura Outono”, que tamén contempla a proxección da película “A viaxe de Leslie”, dentro do ciclo de cinema galego que se está desenvolvendo este trimestre desde o departamento de Cultura
Dúas novas citas na axenda cultural de Gondomar que arrincan este venres 12 de novembro cunha nova cita co cinema galego, concretamente, ás 21.00 horas. No Auditorio Lois Tobío proxectarase a película “A viaxe de Leslie”, do realizador galego Marcos Nine, galardoada cun Mestre Mateo e seis nomeamentos aos Goya.
Servíndose de documentais da época e películas do actor de “O que o vento se levou” dá forma ás distintas hipóteses que xurdiron tras o accidente de avión no que faleceu en 1943, cando o seu voo, que cubría o traxecto Lisboa-Londres, foi derrubado por cinco cazas nazis a 100 millas da costa coruñesa de Cedeira.
O sábado 13 será a quenda para a ópera, concretamente, para a representación da Bohéme, obra mestra de Luca Giacomo Puccini, de catro actos e cuxo éxito se mantén firme ao longo dos séculos, sendo un dos títulos máis exitosos e representados da historia.
Chega a Gondomar da man de Camerata Lírica, e coa dirección musical de Tatiana Studyonova e a dirección artística e de escena de Rodolfo Alber e poderase gozar a partir das 21.30 no auditorio Lois Tobío.
Máis información: hptts://taquilla.concellodegondomar.gal.

