Caballero cualificou de “moi boa” a ocupación hoteleira que rexistrou esta ponte na cidade, cunha media dun 82,3%

A este respecto, pide á Xunta aplicar na hostalería a mesma normativa covid que está vixente en Madrid

O alcalde deu conta esta mañá dunha ocupación hoteleira media dun 82,3% na ponte do Pilar, sendo o sábado o mellor día, cando algúns hoteis rozaron o 100%. Estes datos continúan na boa senda que viviu o turismo na cidade este verán con medias de ocupación dun 71,83% en setembro, de case o 90%, en agosto e dun 81,45% no mes de xullo.

Respecto ás restricións sanitarias impostas á hostalaría, o rexedor esixiu ao goberno autonómico que deixe de “hostigar” ao sector e aplique a mesma normativa que funciona noutros territorios como Madrid.