O alcalde deu conta da evolución das obras de humanización na Praza Francisco Fernández del Riego que “queremos que sirva para desenvolvementos culturais e concertos”
O Concello inviste 2,3 millóns de euros na renovación da Praza Elíptica que “vai ser unha praza completamente nova, distinta, na que aumentamos un 30% o espazo”, dado que, segundo explicou Abel Caballero, trátase dunha zona da cidade na que “precisamos zonas dotacionais, xa que marca a transición entre o Castro, a Gran Vía, Praza de España e rúa Venezuela, Simón Bolívar…”.
Así, o goberno municipal proxecta un espazo público que “sirva para desenvolvementos culturais, concertos… Queremos que se converta en zona cultural”. Nestes momentos, está a instalarse a pérgola máis pequena e están chegando as pezas para a pérgola grande. Ámbalas dúas incorporan un número significativo de paneis solares para dotar de enerxía ás instalacións proxectadas e á iluminación da praza. Amais, instalarase novo mobiliario urbano, renovarase o pavimento, as redes de saneamento e abastecemento de auga, luz, electricidade, comunicacións e gas.
Caballero apuntou que as obras está moi avanzadas e que este ano a Praza suma o “interese adicional” de levar o nome do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, que é Francisco Fernández del Riego.

