A mostra antolóxica de Diego Giráldez poderá visitarse na EMAO ata o 30 de setembro

O Concello estenderá ata o próximo 30 de setembro a apertura da exposición «50 anos na arte de Diego Giráldez», en horario de 18,30 a 21,30 h

A mostra, interrompida polo estado de alarma, ofrece ao público unha visión xeral da súa produción artística e dos seus inicios como aprendiz na Escola de Artes e Oficios, alá polo ano 1969

O alcalde deu conta esta mañá reapertura -ata o 30 de setembro – do período de exhibición da mostra antolóxica de Diego Giráldez, que se inaugurou o pasado 28 de febreiro e tivo que ser pechada ao decretarse o estado de alarma. Entre as 18,30 e as 21,30 h a Escola de Artes e Oficios permitirá gozar da principal produción creativa deste destacado artista nacido en A Cañiza, incluíndo os seus inicios como aprendiz da EMAO, na que ingresou no ano 1969.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí