O vindeiro sábado, 4 de setembro, Mos acollerá un dos acontecementos máis importantes do ano. A finalización da etapa 20 de La Vuelta ciclista a España, no Concello de Mos.
A meta será no Castro de Herville e o pelotón atravesará 7 parroquias do Concello, transcorrendo polos seguintes lugares:
– A partir das 13:35 h.
N-550 Louredo, Mos, Centro Dotacional de Torroso, Cemiterio Municipal de Torroso, Multiusos das Pozas, San Amaro, Veigadaña e Avd. de Sanguiñeda.
– A partir das 16:50 h.
Po-331 A Florida, Cristo de Belén, Campo de Eiró, Igrexa de Pereiras, Igrexa de Cela, San Cosme e Castro de Herville.