A Escola Ateneo Musical de Bembrive de Vigo incorporouse esta semana ao Rexistro de Escolas de Música e Danza de Galicia, tal e como recolle o Diario Oficial de Galicia.
A delegada autonómica Marta Fernández-Tapias visitaba a Sociedade Cultural, Deportiva e Recreativa Helios de Bembrive, onde o Ateneo Musical ten a súa sede, para informar a súa xunta directiva da inclusión da Asociación neste rexistro.
Fernández-Tapias reuniuse tamén co presidente da sociedade Helios de Bembrive, José Carlos Riveiro, ao que felicitou pola súa recente reelección, e supervisar a entrega do material adquirido coa axuda da Xunta de Galicia para mellorar a instalación de son do auditorio.

