A Deputación garda un minuto de silencio en memoria dos dous gardas civís falecidos en acto de servizo

O presidente da Deputación de Pontevedra Luis López, acompañado polo vicepresidente segundo, Rafa Domínguez; e traballadores da Deputación; gardou esta mañá un minuto de silencio en sinal de respecto e recoñecemento aos dous gardas civís falecidos en acto de servizo o pasado venres 9 de febreiro en Barbate e tamén como mostra de apoio e solidariedade coas súas familias.