A Xunta de Goberno provincial adxudicou a prestación deste servizo que se desenvolve no marco do proxecto “Tourist Inside II”, co que a Deputación de Pontevedra está a transformar provincia de Pontevedra como Destino Turístico Intelixente
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, anunciou hoxe que a institución provincial adxudicou por algo máis de 220.000 euros o servizo de xestión e execución do programa “+Benestar 2024” que, como lembrou en conferencia de prensa, “ofertará 2.127 prazas para que maiores de 55 anos poidan acceder a balnearios, talasos ou spas da provincia”.
O programa desenvolverase en sete establecementos termais da provincia, situados en Sanxenxo, Mondariz, O Grove e Lalín (Gran Talaso Hotel Sanxenxo, Balenario de Mondariz, Hotel Carlos I Silgar, Talaso Hotel Louxo La Toja, Hotel Spa Norat Torre do Deza, Hotel Spa Galatea e Hotel Nuevo Astur Spa) e os prezos oscilarán entre os 330 e os 425 euros, segundo o establecemento. A Deputación subvencionará 2.097 prazas de réxime xeral con 100 € e 30 prazas de réxime especial con 400 €, sendo as persoas usuarias as encargadas de aboar o importe restante.
As estancias serán de seis días e cinco noites e, ademais da estadía, o paquete comprende pensión completa, actividades de animación sociocultural e utilización do spa, balenario ou similar un mínimo de dúas horas ao día. As persoas beneficiarias deben ser persoas maiores de 55 anos ou, no caso de non chegar a esta idade, contar cunha discapacidade superior ao 65%, ser pensionistas ou ter acreditado un respiro familia. A estimación é que proximamente se abra o prazo de presentación de solicitudes, para que o programa comece a desenvolverse no mes de setembro e ao longo da tempada baixa

