A Deputación de Pontevedra convoca un pleno extraordinario para o luns, día 20, para votar unha moción en defensa da Constitución

Pazo provincial.

A sesión terá lugar ás 13:00 horas no Salón de Plenos do Pazo Provincial

A Deputación de Pontevedra vén de convocar unha sesión plenaria extraordinaria para o próximo luns día 20 de novembro ás 13:00 horas para votar unha moción en “defensa da Constitución Española, a igualdade dos españois e o respecto ao estado de dereito e á democracia”. O motivo desta convocatoria está relacionada co acordo que transcendeu publicamente entre os partidos PSOE, Junts e Esquerra Republicana de Catalunya para a aprobación dunha Lei de Amnistía impulsada co obxectivo da investidura do presidente do Goberno de España.