A delegada territorial da Xunta reúnese cos representantes da CEP e de AJE Vigo

Marta Fernández-Tapias co presidente da Confederación de Empresarios, Jorge Cebreiros.

Os encontros enmárcanse na rolda de contactos iniciada pola representante autonómica tras a súa toma de posesión

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recibiu hoxe no seu despacho ao presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Jorge Cebreiros, e ao presidente de AJE Vigo, Iván Suárez.

Ambas reunións enmárcanse na rolda de contactos iniciada pola representante autonómica tras a súa toma de posesión o pasado luns, e que se estenderán as vindeiras semanas.

Fernández-Tapias, quen destacou a boa sintonía con sendas organizacións empresariais, informou que comparte as preocupacións trasladadas polos empresarios, principalmente derivadas dos efectos da covid-19, así como a reivindicación da saída sur do Corredor Atlántico, estratéxica para Vigo.