A delegada da Xunta visita aos usuarios que participan nas actividades do centro sociocomunitario de Coia

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este mércores aos usuarios que participan nas actividades organizadas polo Centro Sociocomunitario de Coia, un dos  seis centros que o Goberno galego xestiona na cidade (Rivera Atienza, Bouzas, Coia, Pi Margall, Teis e O Calvario). O programa de actividades converten estas instalacións no epicentro de ocio do barrio vigués e inclúen obradoiros temáticos, charlas, clases de ximnasia, ioga, tai chi e pilates, de informática, manualidades, pintura, teatro, poesía ou baile.