A delegada da Xunta visita aos novos emprendedores que reactivan o comercio no Casco Vello de Vigo

A presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, realizou un percorrido polos establecementos abertos na rúa Real e no Casco Vello Alto

A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ana Ortiz, acudiu este luns ao barrio histórico vigués para visitar aos últimos emprendedores que se estableceron tras a iniciativa do organismo autónomo para adxudicar locais mediante concurso público. A presidenta realizou un percorrido polos establecementos abertos nos últimos meses tanto na rúa Real como no Casco Vello Alto.