A delegada da Xunta anima á cidadania viguesa a donar regalos para a campaña solidaria “Cada Neno un Xoguete”

Ana Ortiz participou este xoves na presentación da iniciativa solidaria que xa repartiu 16.000 xogos entre os pequenos vigueses o pasado ano

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, particpou este xoves na presentación da campaña “Cada neno un xoguete 2023” que impulsa a Asociación Stop Vigo para levar miles de regalos este Nadal ata as casas dos máis pequenos. Durante o acto celebrado no Centro Comercial Gran Vía, a representante autonómica animou aos vigueses a participar na iniciativa que xa cumple a súa décimoquinta edición.

Acompañada pola vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias; do xerente do centro comercial, Fernando Pinto, e o organizador da campaña, Carlos Leiro, a delegada felicitou aos impulsores da campaña solidaria e agradeceu a colaboración de entidades privadas e voluntarios.

Segundo apuntou, a recolecta de agasallos comezou o pasado mes de outubro e finalizará o vindeiro 4 de xaneiro, cando levarase a cabo a entrega aos nenos e nenas viguesas. “Temos que conseguir que todos os nenos sorrían este Nadal porque a súa alegría será a nosa e por iso gustaríame tamén pedir a todos os vigueses que participen e doen”, sinalou. Na edición do pasado ano 2022 foron recollidos máis de 16.000 xoguetes e ao longo das  edicións celebradas a suma elévase ata máis de 88.000 regalos donados.  En 2016 a campaña foi nominada para os premios Influence Awards, organizados pola firma Influencity, no apartado Mellor Campaña (Influence Campaign)