A Cidade Deportiva do Celta acollerá o vindeiro mércores a Xornada de Convivencia Infantil Afouteza

Se atopa incluída dentro do programa de actividades con motivo da etapa 20 de La Vuelta 21 en Mos

Máis de 100 nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade participarán o vindeiro mércores nunha xornada de convivencia organizada polo RC Celta na Cidade Deportiva Afouteza en Pereiras, dentro do programa municipal de actividades con motivo da meta da etapa 20 de La Vuelta 21 en Mos.

A inscrición dos participantes realizouse a través dos clubes de fútbol locais, Unión Deportiva Mos e Club Louro Tameiga; e das ANPAS dos distintos centros educativos mosenses.

A Xornada de Convivencia Afouteza terá lugar o próximo mércores, día 1 de setembro, en horario matinal, de 10.00 a 13.00 horas.

Os nenos e nenas gozarán dunha xornada de convivencia onde realizarán unha visita guiada pola Cidade Deportiva Afouteza, e unha posterior actividade no campo de adestramento do RC Celta cun carácter lúdico e co obxectivo de gozar dun día de fútbol.

Os nenos deberán acudir con roupa deportiva, máscara e botella de auga individual.

Protocolo de acceso

A entrada ás instalacións realizarase a partir das 10.00 horas e será exclusivamente para os nenos e nenas que participan na actividade. No acceso ás instalacións realizarase protocolo COVID con toma de temperatura e xel desinfectante.

La Vuelta

Esta trátase dunha nova iniciativa enmarcada dentro do programa de actividades con motivo da etapa 20 Sanxenxo-Mos (Castro de Herville) que terá lugar o vindeiro 4 de setembro.