A categoría masculina B de tenis disputará os cuartos de final do Campionato Galego de Equipos

Despois de gañar este domingo a CDD Sanxenxo o representante da UVigo nesta categoría continúa sumando bos resultados

O equipo masculino B de tenis da Universidade de Vigo disputou este sábado os oitavos de final do Campionato Galego de Equipos. Nel enfrontouse ao CDD Sanxenxo, gañando o encontro cun marcador final de 4-3. Segundo indican desde o equipo, o representante da UVigo, que acadou o segundo posto do seu grupo esta tempada, “empezou moi ben» o encontro, acadando un resultado de «3-1 nos individuais, gañando en dous dos tres puntos no super tie-break, mentres o terceiro foi en dous sets”. Cun marcador favorable “e só tendo que gañar un dos dous dobres, a aposta foi segura e o dobre gañador lograba o punto da vitoria cun contundente 60-61”, comentan dese o conxunto. Con esta vitoria, o representante da Universidade de Vigo pasa de ronda e disputará os cuartos de final fronte a Tenis Gondomar.

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí