A Cabalgata de Reis de Vigo non comenzará antes das 14 horas

Colas para acceder á cabalgata estática de Vigo o ano pasado.

Aquelas persoas con reserva en horario de mañá poderán acceder coa mesma reserva a calquera hora, se ben se recomenda que o fatan a primeira hora da tarde ou á última

Ante as previsións de choiva para a mañá deste mércores, 5 de xaneiro, o Concello de Vigo informou esta tarde que a Cabalgata estática en ningún caso comezará antes das 14 horas.

Mañá pola mañá se ofrecerá información sobre o horario definitivo de inicio.

Aquelas persoas con reserva en horario de mañá poderán acceder coa mesma reserva a calquera hora, desde o comezo ata a finalización da Cabalgata, se ben se recomenda que, para evitar aglomeracións, acudan antes das 16 horas ou entre as 20 horas e as 21.30 horas.