Solicitan una reunión para abordar a situación
A Asociación Veciñal de Teis denunciou hoxe publicamente a falta de mantemento e o abandono do parque da Guía, unha das zonas verdes máis importantes da cidade.
Os vecilos apuntan que a vexetación invade todo o parque incluso os sendeiros, o sebe está sen cortar e as varandas tamén necesitan mantemento.
O pasado 9 de xuño, lembran, a Asociación presentou sendos escritos dirixidos ao Concelleiro de parques e xardíns, para denunciar a falta de mantemento do parque da Guía, aos poucos días comprobamos que se procede a actuar unicamente na avenida de Dona Fermina, a vía principal de aceso ao parque e o mirador, pero deixando o resto do parque na mesma situación.
O parque da Guía é algo máis que a avenida de Dona Fermina, lamentan desde a Asociación. «Non entendemos como un dos parques máis importantes da cidade atopase neste estado de abandono. Alguén imaxinase que algún persoa que visite o parque da Guía, e se atope o parque no estado actual. Que imaxe levara da cidade? Sería necesario que Angel Rivas, concelleiro de parques e xardíns, e Abel Caballero, visitarán o parque da Guía e comprobaran o estado do mesmo», denuncian.
Diante desta situación, ademais de solicitar unha actuación urxente no parque, a Asociación solicita unha xuntanza co Concelleiro de parques e xardíns, para tratar sobre a situación dos grandes parques de Teis, A Guía e A Riouxa, «pois é necesario unha actuación para por en valor estes grandes parques, que están abandonados“.

