A Asociación de Magos e Ilusionistas Vigueses celebra a Gala de Maxia X Aniversario

A Asociación de Magos e Ilusionistas Vigueses celebra o seu décimo aniversario por todo o alto con moita maxia. A data será o sábado 27 de abril ás 19:00 no Auditorio da Oficina Municipal de Distrito de Teis, e contará con nada menos que oito magos e magas da Asociación que darán todo para que o público se divirta e se sorprenda. Dende a súa fundación en 2014, a AMIV ten como obxectivo a difusión e posta en valor da maxia, e ser un punto de encontro para ilusionistas amadores e profesionais de Vigo e da contorna. A AMIV tamén organiza eventos de maxia en colaboración con outras entidades e asociacións, así como conferencias formativas da man de magos e magas de renome nacional e internacional.

- Publicidad -
Centaurus Box Vigo Cross Training

Donativo 5€

Puntos de venta:

  • A Rosa Negra (Rúa Ecuador, 93)
  • Sifón  (Rúa Doutor Cadaval, 5)
  • Bocatería O Patín (Rúa Doutor Corbal, 21)