A asociación ADAPTA organiza obradoiro para mulleres coidadoras de persoas con discapacidade ou dependentes

Desenvolverase durante os xoves 10, 17, 24 e 31 de marzo en horario de 10:30 a 12:30 horas nas instalacións do centro Asprodico en Ponteareas

Co fin de mellorarlles a calidade de vida ás coidadoras familiares, a Asociación Adapta, xunto coa Fundación Mujeres organizan obradoiros dirixidos a mulleres que son coidadoras de persoas con discapacidade e/ou en situación de dependencia, onde tratarán de temáticas como a saúde e o autocoidado ademais da autoestima e o empoderamento.

Os obradoiros desenvolveranse durante os xoves10,17,24 e 31 de marzo, en horario de 10:30 a 12:30 horas nas instalacións do centro Asprodico que ten en Ponteareas.

Esta actividade é gratuíta pero, como conta con limitación de prazas, faise necesario realizar unha reserva de praza, con data límite o día 4 de marzo, contactando co teléfono 986 916 012 ou 662 947 289. Esta actividade está enmarcada no Servizo de Apoio Integral ás Mulleres Coidadoras e está financiado pola Consellaría de Política Social da Xunta de Galicia.