Con motivo do Día Mundial da Dor, as Unidades de Dor e de Terapias organizaron unha xornada sobre Actualización en Neurociencia da dor
Con motivo do Día Mundial da Dor que se conmemora mañá, a Unidade de Dor do Hospital Meixoeiro e a Unidade de Terapias da Área de Vigo organizaron unha xornada sobre Actualización en Neurociencia da dor, dirixida a profesionais e pacientes, que terá lugar no Salón de Actos do Hospital Álvaro Cunqueiro.
Esta iniciativa nace no marco da colaboración entre ambas Unidades co obxectivo común de ofrecer ao paciente afectado por dor crónica novas respostas, e dar a coñecer aos profesionais da Área os últimos descubrimentos relativos á neurofisioloxía, patoloxía e tratamento da dor crónica desde un novo paradigma de afrontamento activo avalado pola evidencia actual; isto é, dunha nova estratexia do tratamento da dor orientada a potenciar o papel activo do paciente en todo o seu proceso.
Epidemia silenciosa
Segundo a coordinadora desta Xornada, a fisioterapeuta Verónica Lago, “a dor foi calificada como a epidemia silenciosa do século XXI, sendo actualmente un problema biopsicosocial de primeira magnitude, con enormes implicacións sanitarias e económicas, xa que a dor crónica consume inxentes recursos sanitarios, e provoca unha elevada discapacidade e morbilidade nas persoas que o padecen”.
O pasado ano, a Unidade de Tratamento da Dor atendeu un total de 15.000 pacientes.
Os últimos estudos científicos realizados avalan unha abordaxe multidisciplinar da dor crónica, propoñendo unha diminución do tratamento farmacolóxico fronte a un maior uso da educación sanitaria e exposición gradual ao movemento. Estas novas formas de abordaxe permiten un descenso na frecuentación de asistencia do paciente ás consultas médicas.
Intervención educativa con pacientes
A xornada matinal estará dirixida a todos aqueles profesionais implicados no tratamento da dor e aos interesados en coñecer as novas achegas da ciencia nun campo transversal a toda a práctica clínica.
O programa estará estruturado en dous Mesas redondas que se desenvolverán baixo os epígrafes “Actualización en clínica da dor” e “Aspectos prácticos no tratamento da dor crónica”. Para isto, vaise contar con profesionais de diferentes ámbitos relacionados con manexo da dor como anestesistas, médicos de Atención Primaria, fisioterapeutas, terapeuta ocupacional, e psicólogo clínico.
Hai que subliñar a intervención do profesor Ladislao Campos, primeiro fisioterapeuta español membro da International Maitland Teachers Association que falará sobre “A importancia da individualización nos tratamentos da dor” .
Ademais, tamén vaise ofrecer unha masterclass titulada “A dor pódese esquecer?” impartida por Rafael Torres Cueco, co-fundador do grupo de interese especial en dor da World Confederation for Physical Therapy (WCTP).
Activade para doentes e familiares
Durante a tarde, a partir das 16.30 h. e con acceso libre, terá lugar unha actividade de intervención educativa en dor crónica dirixida a pacientes baixo o título “Entender a Dor”.
Así, varios fisioterapeutas exporán conceptos como“¿Qué é a dor?”; “¿Qué ocorre no cerebro cando doe?”; “¿Cómo afecta á miña vida a dor?”; e “As novas perspectivas de tratamento, mitos e crenzas arredor da dor”.
Ao remate da presentación haberá unha quenda de preguntas para aclarar calquera tema ou dúbida dos asistentes.

