Este ano impartirán o curso de práctica clínica un total de 28 profesores asociados e 752 colaboradores
A Área Sanitaria de Vigo recibiu hoxe aos alumnos e alumnas da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago que cursarán sexto ano de grao nos centros sanitarios públicos vigueses. En total son 99 estudantes (79 mulleres e 20 homes).
Desde o ano 2014, no que recibiuse aos primeiros alumnos de 6º de medicina (11) ata a actualidade, tense formando a case 800 estudantes na práctica clínica. Con esta nova promoción que inicia hoxe o curso se consolida así a capacidade docente da sanidade pública viguesa.
O acto de recepción destes estudantes foi presidido polo xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, que estivo acompañado pola coordinadora da Docencia de Grao, Ana Concheiro.
Equipo docente
Os alumnos de Medicina realizan o seu último ano nun hospital, cun curso práctico no que se lles imparte un programa docente baseado na rotación por diferentes especialidades médicas e cirúrxicas. En total, traballan sete materias: clínica médica, clínica cirúrxica, urxencias e servizos centrais, clínica obstétrica e xinecolóxica, clínica pediátrica, clínica psiquiátrica e medicina familiar e comunitaria. Durante este período lectivo, os alumnos cumpren un horario de 8.00 á 15.00 horas, e tamén realizan gardas.
O equipo docente está composto por 28 profesores asociados e 752 colaboradores docentes Na actualidade, na Área Sanitaria de Vigo hai un total de 1500 estudantes, ademais dos de Medicina, que cursan diversas disciplinas nos centros asistenciais.