A Área sanitaria de Vigo entregou hoxe o premio do I Concurso: Día Mundial da Hixiene de Mans

A gañadora, elixida nun sorteo público entre todo o persoal acertante, foi a doutora Mar Orge Amoedo, médico do PAC  de Redondela. 

O premio, por cortesía do Hotel Tálaso Atlántico,  foi unha estadía para dous persoas nese centro.

No transcurso da entrega do premio, o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, agradeceu a colaboración do Hotel Tálaso, que estivo representado polo seu director comercial, Miguel González.

Asimesmo, tivo palabras de gratitude aos organizadores das actividades conmemorativas da Xornada Mundial de Hixiene de Mans, que tan boa acollida tiveron entre o persoal. Nomeu especificamente á subdirección de Enfermaría, ao servizo de Medicina Preventiva e á Unidade de Calidade de Coidados da Área sanitaria.

200 participantes neste I Concurso

O Concurso, no que participaron case 200 traballadores da Área, consistiu nun cuestionario on line con varias preguntas relativas á correcta hixienización das mans. Por primeira vez, na Área Sanitaria de Vigo utilizouse a Gamificación (ou ludificación) coma estratexia de aprendizaxe. Trátase de transmitir unha mensaxe ou uns contidos de cara a cambiar un comportamento, a través dunha experiencia lúdica que propicie a motivación.