A gañadora foi a doutora Reyes Ceresuela, anestesista do hospital Álvaro Cunqueiro, e o premio, patrocinado polo Hotel Ättica 21, foi un bono regalo nese establecemento
A Área sanitaria de Vigo entregou hoxe o premio do II Concurso: Xornada Mundial da Hixiene de Mans.
A gañadora, elixida nun sorteo público entre todo o persoal acertante, foi a anestesista do Hospital Álvaro Cunqueiro, Reyes Ceresuela.
O premio, por cortesía do Hotel Attica 21 -que estivo representado polo seu director, Danielle Provezza- foi un bono regalo que inclúe unha estadía para dúas persoas nese establecemento, cun circuíto de hidroterapia e 2 menús gastronómicos.
No transcurso da entrega do premio, o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, agradeceu o patrocinio do Hotel Attica 21, así como a colaboración nesta iniciativa de El Corte Inglés e da Federación de Empresarios de Turismo e Hostalería da provincia de Pontevedra.
Asimesmo, tivo palabras de gratitude para os organizadores das actividades conmemorativas da Xornada Mundial de Hixiene de Mans –que tan boa acollida tiveron entre o persoal- principalmente a subdirección de Enfermaría, o servizo de Medicina Preventiva e á Unidade de Calidade de Coidados da Área sanitaria.
O Concurso, no que participaron máis de 300 traballadores da Área, consistiu nun cuestionario on line con varias preguntas relativas á correcta hixienización das mans.

