A app Vigo incorpora tres novas rutas turísticas culturais interactivas

Desde fai uns días pódense realizar os roteiros virtuais no xacemento arqueolóxico de O Castro, o da Vila Romana de Toralla e visitar a exposición interactiva “Laxeiro, Colección Permanente” instalada en Casa das Artes

Abel Caballero anunciou que a app Vigo incorporou tres novas rutas turísticas e culturais interactivas. Entre elas están a do xacemento arqueolóxico do Castro, o da Vila Romana de Toralla e a exposición da Casa das Artes “Laxeiro, Colección Permanente”.

O alcalde cualificou as novas incorporacións como “mostras de cultura extraordinarias” a animou aos cidadáns e cidadás a visitalas coa app ou mesmamente desde casa.

No roteiro do Castro hai 8 puntos interactivos (beacons) onde explican as intervencións arqueolóxicas das décadas dos anos 50 e 80 na ladeira Oeste do monte. Na Vila de toralla a ruta funciona mediante detección GPS na área intervida ao longo da década dos 90. A exposición de Laxeiro conta con 9 beacons onde explican distintas obras do pintor.

A app Vigo conta con 54 rutas interactivas clasificadas en distintas temáticas: Museo Marco e Laxeiro, Turismo, Illas Cíes, Senderismo, Biosaudables, Patrimonio histórico, Igualdade e normalización, Cemiterios, Vigo cidade de cor e Vigo Zoo.