O Concello reabre desde o luns 15 de xuño complexos deportivos e salas de lectura

La propuesta obtuvo 12 votos a favor (PSOE), 12 en contra (PP, Junts per Catalunya y Ciudadanos) y una abstención (IU-Podemos), por lo que fue ese voto de calidad del presidente el que rompió el empate.

A Xunta de Goberno Local aprobou a reanudación da execución de varios contratos de servizos para retomar a actividade en varias instalacións municipais, dentro do plan de desescalada cara a «nova normalidade» e respectando as condicións sanitarias establecidas polas autoridades sanitarias

O alcalde informou en rolda de prensa do reinicio da actividade nas bibliotecas de Navia e o Auditorio Mar de Vigo desde o vindeiro luns, 15 de xuño.

Desde o mércores 17 de xuño, o Concello reanuda o contrato dos servizos para as piscinas cubertas de Travesas, Lavadores, Teis e Valadares afectando á totalidade dos servizos de recepcionistas, socorrismo e limpeza, manténdose a suspensión total das actividades docentes: monitores, profesores e coordinadores. O aforo permitido nas piscinas será do 30%, unha media de 3 persoas por rúa, con tódalas medidas de seguridade, e establecendo un sistema de bloques de rúas de dirección única, para evitar que se crucen usuarios.

Desde hoxe, están en funcionamento os servizos dos complexos deportivos Máis que Auga de Barreiro, Florida e Navia que contan cun Plan de continxencias que recolle tódolos aspectos necesarios para cumprir as medidas obrigatorias para o seu funcionamento cun aforo máximo do 50% para instalacións deportivas e do 30% para as piscinas.

A partir do vindeiro luns, 15 de xuño, o goberno municipal pon en funcionamento os pavillóns polideportivos de Navia, Travesas e ETEA co obxectivo de que as entidades deportivas das actividades permitidas poidan ir reiniciando e programando a súa volta á actividade. Polo momento, só está permitido o deporte individual; non deportes colectivos nin de contacto.