O candidato á presidencia da Xunta de en Común-Anova Mareas defende que, de saír un goberno de progreso, “garantirá que nos terreos de Vulcano en Vigo se constrúen barcos”
O candidato á presidencia da Xunta de Galicia de en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, visitou hoxe as instalacións de Vulcano, en Vigo, onde esixiu hoxe ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o cesamento inmediato do presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga. Segundo opinou Gómez Reino, López Veiga leva meses bloqueando a posibilidade de reactivar a actividade dos estaleiros de Vulcano nos peiraos de Guixar “cunha actitude obstaculizadora que pon en perigo o matemiento de decenas de postos de traballo”.
Gómez Reino, a cabeza de lista de Galicia en Común por Pontevedra, Eva Solla, e á número dous da lista, Iria Figueroa, reuníronse co comité de empresa de Vulcano. No encontro, según expoñen, os traballadores explicaron que o presidente da Autoridade Portuaria iniciou unha batalla política e xudicial para impedir que nas instalacións de Vulcano se desenvolva un proxecto empresarial que permitiría retomar nelas a actividade industrial naval.
Durante o encontro, os candidatos compremeteron que, se sae un Goberno de progresoo próximo 12 de xullo, “poñerá todos os recursos da Administración autonómica ao dispor do mantemento dos postos de traballo e do tecido industrial da cidade”. «Que ninguén dubide de que o noso Goberno garantirá que nos terreos de Vulcano vanse construír barcos«, manifestou Gómez Reino.
A cabeza de lista por Pontevedra, Eva Solla, acusou ao presidente autonómico de «non facer nada por apoiar ao sector naval de Vigo”, e de por en perigo a súa continuidade. Primeiro, coa errada operación para reflotar Hijos de J. Barreiras a través da empresa Pemex. E despois, segundo a súa opinión, ao negar calquera apoio á viabilidade de Vulcano.

