Luis López salientou o plan, no que se financiaron 28 proxectos na zona, como un reflexo da aposta da Deputación polo municipalismo e o deporte
A Deputación de Pontevedra investiu no sur da provincia (comarcas de Vigo, O Baixo Miño, O Condado e A Paradanta) máis de 1,6 millóns de euros a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, con achegas aprobadas para 24 concellos. En concreto, financiáronse un total de 28 proxectos, que mobilizaron preto de 2,5 millóns de euros, xa que o orzamento podía completarse con achegas municipais, doutras administracións ou incluso de plans provinciais como o +Provincia.
Na comarca de Vigo, Baiona recibiu 81.234,38 € para a reforma do campo de fútbol do Aral (complementado con 238.423,42 € do +Provincia). Fornelos de Montes obtivo 28.332,46 € para a ampliación da cuberta entre varias edificacións deportivos e a clausura dos ocos da pista de pádel. Gondomar recibiu 94.159,06 € para dúas actuacións nas pistas polideportivas das Cercas: o seu acondicionamento (49.904,32 €) e a instalación de iluminación (56.321,01 €). Mos obtivo 95.288,31 € para a mellora das súas instalacións deportivas. Nigrán investiu 109.366,88 € en dúas actuacións: a construción dunha pista de pumptrack (75.401,17 €) e a construción dunha pista de surfskate (44.356,91 €). Pazos recibiu 35.122,72 € para o proxecto de cuberta da pista de pádel. O Porriño destinará os seus 120.974,93 € na ampliación e mellora de accesibilidade do pavillón municipal. Redondela recibiu 163.615,03 € para a obra de substitución do céspede artificial no campo de fútbol de Chapela. Salceda de Caselas destinou os 66.593,65 € para a mellora das instalacións técnicas das piscinas municipais. Por último, Soutomaior obtivo 57.535,03 € para a reforma da entrada principal do campo de fútbol municipal de Candán e outras melloras no pavillón da Montesiña.
No caso do Baixo Miño, A Guarda recibiu 69.715,10 € para o acondicionamento das dependencias do campo de fútbol da Sangriña. Oia obtivo 35.527,08 € para o proxecto de construción dun pumptrack. O Rosal destinou 52.145,23 € a tres actuacións: a adquisición dun videomarcador para o pavillón municipal (33.862,15 €), a adquisición de porterías para o campo de fútbol da Mata e o pavillón municipal (11.698,99 €) e a adquisición de bicicletas (6.584,09 €). Tomiño recibiu 88.286,00 € para a reforma da cuberta e fachada do pavillón de deportes da Carballa, mentres que Tui obtivo 106.018,60 € con destino á substitución de cuberta e mellora da ventilación da pista polideportiva de Randufe.
No Condado e A Paradanta, Arbo recibiu 33.268,59 € para a reforma dos vestiarios do campo de fútbol municipal. A Cañiza obtivo 45.562,08 € para a ampliación da cuberta das súas pistas de pádel. Covelo recibiu 32.568,36 € para o proxecto de cambio de cuberta da grada do campo de fútbol municipal. Crecente obtivo 29.890,72 € para a mellora das instalacións e remodelación da piscina municipal. Pola súa parte, Mondariz recibiu 42.272,96 € destinados á mellora das piscinas municipais, mentres que Mondariz-Balneario investiu 23.692,20 € na modernización, remodelación e mellora das instalacións públicas deportivas municipais existentes na avenida Enrique Peinador. As Neves recibiu 38.811,26 € con destino á instalación de pavimento no seu pavillón municipal. Ponteareas obtivo 133.998,23 € cos que financiará o proxecto básico e de execución do campo de fútbol de San Mateo (cunha inxección complementaria de 43.461,27 € do plan +Provincia) e Salvaterra de Miño recibiu 70.040,56 € para o acondicionamento de vestiarios no campo de fútbol de Oural. Na súa valoración global do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, o presidente Luis López sinalou que este é “a máxima expresión do que somos como goberno: a Deputación do municipalismo e do deporte”. O responsable provincial sinalou a súa grande acollida, xa que se financiaron un total de 75 proxectos dos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes. “Este foi un dos primeiros plans que anunciamos como goberno, e reafirma o noso compromiso para mellorar e renovar as infraestruturas deportivas da provincia, que son auténticos templos para os hábitos de vida saudable, o lecer e o talento deportivo”, subliñou López.

