APAMP celebra a súa VII Intervención Artística Urbana “Sentada na Rúa”

Terá lugar mañá venres, 21 de xuño, na Porta do Sol de Vigo

APAMP (Asociación de familias e persoas con parálise cerebral) celebra mañá, 21 de xuño en horario de 11 a 19 horas,  a súa VII Intervención Artística Urbana baixo o nome “Sentada na Rúa”, co obxectivo  de habitar e utilizar o espazo para crear conexións  e favorecer encontros de convivencia entre a cidadanía. A idea é xerar un espazo de arte público, con conciencia social, interactivo, participativo e progresista, convertindo a arte en axente social e como diálogo de realización colectiva. «Queremos dar visibilidade ás diferentes ca­pacidades e perspectivas creativas de numerosos e diversos grupos, dentro da nosa sociedade».

«A nosa séptima intervención artística “Sentada na Rúa” nace con dous obxetivos: o primeiro é afastar un obxecto tan común como é unha ca­deira, do seu uso cotiá e darlle así un novo sig­nificado dentro do espazo«, sinalan. «Queremos convertir unha simple ca­deira nun obxecto que active a nosa memoria -a través de recordos e experiencias- para espertar así as nosas emocións. O segundo obxectivo é rachar co consumismo masivo, coa obsolescencia programada que crea no comprador a necesidade de renovar os produc­tos a pesares de que a súa vida útil non rematara».

«Todas estas cadeiras teñen unha historia. A historia de cada un dos centros, entidades e colectivos que deron forma a nosa VII Intervención Artística. Historias reais, de superación, que falan da soidade, da braveza, do heroísmo, de momentos tristes e outros de maior ledicia».

A VII Intervencion “Sentada na Rúa” foi posible grazas a colaboración e o traballo de: Aula Hospitalaria do Álvaro Cunqueiro, Fundación Juan Soñador, CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao, CEIP Eduardo Pondal, Cooperativa AMorada, CEIP Josefa Alonso, CEIP Pintor Laxeiro, CEIP Plurilingüe Paraixal, Centro Penitenciario A Lama, CEIP O Sello, CEIP Illas Cíes, Asociación de Veciños Novo Vigo, CEIP Monte Alba, Residencia Ballesol, EEI Aragón, Afaga Alzheimer, Centro de día Parque Castrelos, Biblioteca Xosé Neira Vilas, CEIP Igrexa Chapela, Asociación Doa, Centro Juan María, A Casa Rodante, IES Praia Barraña, Ludoteca Inclusiva e Obradorios artesanais de APAMP.

“Sentada na Rúa” levarase a cabo dende as 11:00 ata as 19:00 horas na Porta do Sol de Vigo.

Programación VII Intervención Artística urbana “Sentada na Rúa”.

11:00 horas: Inicio VII Intervención Artística APAMP

12:00 horas: Actuación Alberto Cuña

———————————————————————–

17:00 horas: Actuación A Espiral Breaking View

17:15 horas: Actuación Adolfo FH

18:00 horas: Actuación Pink Porris

19:00 horas: Fin VII Intervención Artística Urbana