O rexedor, acompañado polos concelleiros Ángel Rivas, Patricia Iglesias e Nuria Rodríguez, puxo en valor o “cambio marabilloso” e cara á modernidade que representa para Vigo a praza de Vialia durante a firma do convenio de colaboración asinado con Ceetrus Urban Player Spain polo que o Concello convértese en propietario do espazo e asume o mantemento conxunto coa concesionaria durante 50 anos. “Con isto garantimos que a calidade se mantén”, argumentou.
Caballero remarcou a transformación proporcionada durante o seu mandato á zona ferroviaria, onde se construíu o edificio deseñado por Thom Mayne, “un dos cinco mellores arquitectos da historia da humanidade”, que integra os principais sinais de identidade da cidade. “Esta é unha das grandes edificacións arquitectónicas de Europa” asegurou, ao remarcar que, coa intervención, “o corazón da cidade transformou un inmenso buraco negro nunha praza marabillosa” de 500 metros e no punto de confluencia todos os días de miles de persoas, que, ademais, é accesible desde un importante número de rúas da cidade. “Onde antes había un buraco agora hai un paseo con máis xente que na rúa do Príncipe”, incidiu.

