Vitrasa denuncia ataques persoais reiterados á plantilla

O último ataque coñecido foi a picada das catro rodas do vehículo particular dunha traballadora que estaba estacionado nas inmediacións da empresa

Dende o comezo la folga, parte de persoal de Vitrasa ven sufrindo «ataques violentos e unha persecución sistemática que coarta a liberdade dos traballadores», segundo denuncia hoxe a concesionario do transporte urbán vigués.  

O último ataque coñecido foi a picada das catro rodas do vehículo particular dunha traballadora que estaba estacionado nas inmediacións da empresa. Ademais destes danos materiais, esta traballadora tamén sofre de maneira constante o acoso á entrada e saída do posto de traballo, chegando ata a intentar bloquear a súa entrada para exercer o seu lexítimo dereito a traballar.

Así mesmo, asegura a empresa, preto dunha decena de traballadores manifestan estar sometidos a esta persecución á entrada e saída do servizo, moitos deles incluso cando están secundando a folga e son chamados a realizar servizos mínimos. Nalgunha ocasión, este acoso chegou a producirse realizando o servizo con viaxeiros a bordo e ata fora do posto de traballo, nun local frecuentado por un dos traballadores que foi insultado publicamente por non secundar a folga.

«Por mor da profunda violencia deste acoso sistematizado», subliñan, moitas persoas traballadoras víronse obrigadas deixar de presentarse ao seu posto de traballo e secundar a folga.

Así mesmo, engaden, tamén sucederon polo menos cinco ataques a vehículos particulares de traballadores, dos que a empresa teña constancia, con picadas das catro rodas cando estaban aparcados na rúa.

Por parte da empresa, solicitouse o apoio das Forzas e Corpos de Seguridade que xa veñen facendo seguimento dos ataques violentos producidos a autobuses nos últimos meses. 

Así mesmo, a compañía mostra a súa «profunda preocupación por estes actos organizados que se veñen sucedendo co obxectivo de amedrentar e silenciar ao persoal que non quere secundar a folga, coartando o seu dereito a traballar».