A Asociación de Veciños de Teis reivindica a creación dun «Mais que Auga» na ETEA

A pasada semana dirixiron un escrito desde a Asociación Veciñal de Teis a Abel Caballero trasladándolle a necesidade de mellorar as instalacións deportivas en Teis.  

«Pasaría por mellorar as instalacións deportivas da ETEA, coa recuperación da piscina que se cubriu en 2017, que inclúa un spa, a construción dun amplo ximnasio con varias salas e pistas de padel. Se o espazo actual das instalacións deportivas que xestiona o Concello de Vigo,  fora insuficiente podería utilizarse parte dos terreos lindeiros do PS6, área de usos complementarios, da ETEA», sinalan dende o colectivo.  

Isto permitiría a Teis contar cun gran complexo deportivo, crear un  “Mais que Auga» na ETEA, «como teñen outras parroquias e barrios, nun lugar único como a ETEA, e que permita a veciñanza realizar todo tipo de actividades deportivas».