O Concello de Vigo aproba a contratación da iluminación de Nadal por preto de 9,5 millóns de euros

A Xunta de Goberno Local deu esta mañá luz verde a contratación do subministro da iluminación decorativa de Vigo nas Campaña do Nadal 2023-2024, 2024-2025, 2025-2026 e 2026-2027

Na mesma Xunta tamén se aprobou a programación navideña que realizará o Concello

O acto de acendido previsto na segunda quincena de novembro e o acto de apagado das luces previsto na primeira quincena de xaneiro de 2024

O goberno da cidade aprobou esta mañá a iluminación de Nadal para o presente curso, e os tres seguintes, por un valor de 9.467.585,80 €.

A instalación e mantemento da próxima campaña de iluminación navideña de Vigo contará cunha cifra superior a 11,5 millones de luces leds repartidos por preto de 450 rúas iluminadas. Contará con máis de 6.000 estruturas decorativas; 3.708 arcos de luz; 56 elementos de gran tamaño e 2.318 árbores iluminados. Amais súmanse os conxuntos de elementos para ornamentación de mercados de abastos, paraugas en prazas, rotondas, cruces de rúas, pérgolas, elementos escultóricos, edificios municipais, e elementos de gran porte transitables.

A todos estes elementos, unirase o gran árbore de luces da Porta do Sol, que este ano conta cunha resolución mínima de 300 píxeles/m2. Como gran novidade, incrementará o tamaño da estrela de puntas situada no seu cumio, que alcanzará os 18 metros. Coa aprobación dun espectáculo de luz e son da árbore xigante de Nadal e a produción técnica con equipo de luz, son e pantalla xigante para os actos de acendido e apagado.

Como ocorreu na última edición, o acendido da iluminación será tódolos días ás 18:30 horas e o apagado, de domingo a mércores á 00:30h; de xoves a sábado e vésperas de festivos e festivos ás 02:00h e nas noites do 23, 24, 25, 30, 31 de decembro e nas noites do 1, 5 e 6 de xaneiro permanecerá acendido todas as noites ata ao amencer.

Programación de Nadal

A Xunta de Goberno Local deu luz verde tamén á programación de Nadal 2023-2024 que ten como obxectivo a creación de espazos temáticos de Nadal ambientados con iluminación decorativa, ornamentación, exposicións e actividades de ocio e comerciais, que constitúe un piar fundamental da celebración navideña de Vigo, coa que se quere reactivar a economía local, favorecer a cooperación entre o sector público e privado e as entidades sen ánimo de lucro. Ademais, procúrase impulsar un maior posicionamento da Marca Vigo reforzando a súa identidade corporativa e fomentar acontecementos que promovan a manifestación de valores culturais, sociais e de espazos para a convivencia lúdica e de recreación na tradición popular do Nadal entre a cidadanía.

Ornamentación con elementos figurativos lumínicos

Inclúe tres grandes propostas:

  • Dez sets decorativos de Nadal con elementos vexetais e outros figurativos de estrutura de madeira, fibra de vidro, resina epoxi, con base enmoquetada, que se instalarán nas rúas Policarpo Sanz, Príncipe, Eduardo Iglesias, García Barbón e Barrio Histórico. Estarán en exposición permanente durante toda a campaña de Nadal.
  • Cinco instalacións figurativas e decorativas lumínicas xeométricas transitables de gran porte en Policarpo Sanz, Gran Vía e García Barbón.
  • Sete instalacións decorativas lumínicas non transitables de porte medio que se instalarán nas rúas Príncipe, Policarpo Sanz e García Barbón.

Belén Monumental na Casa das Artes

Terá unha superficie de 160 metros cadrados, cunha exposición fotográfica complementaria, guía didáctica e visitas guiadas.

Horario de visitas:

  • De luns a xoves: de 17:00 h a 21:30 h.
  • Venres: de 10:00 h a 14:00 h e de 17:00h a 21:30h
  • Sábados, domingos e festivos: de 11:00h a 21:30h.
  • Días especiais: 24 e 31 de decembro e 5 de xaneiro: de 12:00h a 21:00 h; días 25 de decembro, 1e 6 de xaneiro de 17,00 h a 21,30 h.
  • Visitas guiadas: segunda semana de decembro de 10 h a 14 h, visitas guiadas de 30 minutos, dirixidas unicamente aos centros educativos, cun máximo de 30 persoas por quenda, previamente concertadas.

é o que segue: venres, sábados e vésperas de festivos de 11:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 21:00h; os das restantes, domingos e festivos de 18:00 h a 20:30 h.

Mercados temáticos e atraccións recreativas

  • Cíes Market – Mercadillo (Praza de Compostela): Contará con 90 casetas prefabricadas de venda ambulante de artesanía, produtos de Nadal e servizos de restauración e hostalaría, 10 carriños móbiles de venda de bocadillos de salchicha e lambetadas, pérgola de madeira, iluminación e decoración de Nadal da pérgola e novo proxecto de iluminación Alameda Acendida. Haberá máquinas de neve artificial e son que se instalarán na pérgola e máquinas de vending.
  • Atraccións (rúa Concepción Areal, Xardíns Eijo Garay e rúa Areal- entre rúa Colón e rúa Pontevedra): Nora xigante, Baby volador cadenas, Tiovivo-carrusel, Jumping., Camas elásticas, Tren infantil, Espectáculo, Mini nora infantil, Caseta de xogos de destreza, Caseta de pesca de patos, Remolque/caseta de algodón doce e lambetadas.
  • Exposicións (Xardíns González de Haz): Carpa de estrutura metálica desmontable de 20 x 90 m que albergará no seu interior a exposición de dinosaurios “Dinoworld”, tren turístico con percorrido pola zona centro da cidade e servizos hixiénicos para dar servizo a todo o ámbito

Os horarios serán os seguintes:

Laborables: Apertura ás 17:00 h, peche ás 22:30 h a excepción do 21 de decembro ao 16 de xaneiro (período vacacións de Nadal) peche ás 23:30 h
Venres, sábados e vésperas de festivo, apertura as 11:00 h, peche ás 00:30 h
Domingos e Festivos: Apertura ás 11:00 h, peche ás 00:00 h
Días 24 e 31 de decembro, apertura ás 11;00 h, peche ás 20:00 h e 5 de xaneiro apertura ás 11:00 H, peche ás 22:00 h.

  • Mercado de Nadal do Calvario: Desenvolverase na contorna peonil da rúa Urzáiz e comprenderá 22 casetas prefabricadas de venda ambulante dedicadas á artesanía, produtos de Nadal e servizos de restauración con iluminación, decoración e ornamentación; 2 atraccións e actividades recreativas de animación infantil, programación de actividades de animación de rúa e servizos hixiénicos sanitarios, limpeza, mantemento e seguridade da zona. Os horarios de apertura e peche son os mesmos que o do Mercado da Praza da Alameda.
  • Outros espazos e actividades: Carrusel clásico na Porta do Sol, Pista de xeo e de Kart no aparcamento de Samil, 2 trens turísticos que percorrerán o centro da cidade e a zona das Travesas e a pista de xeo na explanada do Náutico. Amais, apróbase o Circo de Nadal e actividade complementaria en Coia.

Novos espazos ao aire libre con atraccións e actividades recreativas

O Concello promoverá o procedemento administrativo mediante a oportuna licitación da licenza/autorización para diversos espazos abertos ao público con instalacións portátiles de atraccións recreativas de xogo e entretemento, preferiblemente de carácter innovador coa temática de Nadal.

  • Espazos con atraccións recreativas de ocio infantil para público de idade igual ou inferior aos 12 años en Praza da Independencia, Praza do Progreso, Teis: Praza do mercado (Toural de Abaixo) e/ou rúa Irmáns Misioneiros e Bouzas: Praza de Eduardo Cabello e/ou Alameda Suárez Llanos.
  • Espazos con atraccións e actividades recreativas de ocio familiar aptas para todos os públicos na Praza do Berbés e Navia: espazos interiores da rúa Teixugueiras e/ou Parque Nelson Mandela.
  • Espazos con espectáculos, exposicións e actividades recreativas culturais e entretemento de ocio familiar preferiblemente dedicadas a exposicións temporais con coleccións de xogos familiares que estimulen o pensamento cognitivo e capacidade estratéxica, biosaudables, realidade virtual; actividades propias de inverno (pista de patinaxe sobre xeo, esquí, neve artificial, etc); sen contido espacial con atraccións recreativas eléctricas, mecánicas ou pneumáticas ou un combinado destas, e con actividade complementaria de restauración e venda ocasional de churros-chocolatería, bebidas, lambetadas e produtos secos en casetas de madeira, na pista polideportiva da Praza Mestre Prudencio Rodríguez (Torreiro das Festas de Coia).

Outras actividades de dinamización do Nadal

  • O acto de acendido (previsto na segunda quincena de novembro), o acto de apagado das luces (previsto na primeira quincena de xaneiro de 2024)
  • Caseta de Papá Noel e do Carteiro Real, con horario de 17:00 a 21:00 h, e, a maiores, os sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 h.
  • Visitas de Papá Noel e Carteiro Real ás zonas comerciais
  • Actividades de animación de rúa en zonas comerciais con actuacións de pequeno formato, pasacalles, bandas de gaitas, animacións infantís, eventos gastronómicos…
  • Actividades de dinamización na zona centro da cidade: Porta do Sol, Concatedral de Santa María, rúa Policarpo Sanz, rúa Colón, Casa Galega da Cultura e contorna destes espazos