A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou as instalacións da Asociación Amencer-Aspace, entidade que atende a persoas con parálise cerebral e patoloxías neuromotoras, no Meixoeiro. A representante autonómica puido coñecer o novo centro integral de Vigo, financiado pola Fundación Amancio Ortega, onde actualmente prestan atención a nenos e mozos con necesidades neuromotoras co apoio do Goberno galego.
Inicio Hoy en Vigo Política A delegada da Xunta visita as novas instalacións de Amencer-Aspace no Meixoeiro

