Á caza dunha entrada gratis: o festival A Revolta do Umia agocha máis de 20 entradas por toda Galicia 

Baixo o lema “Procura a revolta!” o festival agochará entradas  nos parques e zonas históricas das principais cidades galegas

O festival A Revolta do Umia inicia hoxe luns unha campaña para celebrar o seu sexto aniversario escondendo varias entradas con premio (dende entradas gratis a descontos do 50%). Para atopalos, o festival publicará nas súas redes sociais varias pistas cada día. A  

idea é que a iniciativa dure unha semana, pero dependerá da destreza e rapidez  coa que as atopen as persoas que saian á súa caza. As entradas esconderanse  en Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, A Estrada e, por  suposto, Cuntis (a vila máis próxima a Vilar de Mato, onde ten lugar o festival). 

O festival A Revolta do Umia é un festival musical e cultural que ten lugar os días  25 e 26 de Agosto de 2023 en Vilar de Mato (Cuntis). Nesta edición contan cunha  cata de viños sonora amenizada por Loita Amada. Concertos de Bellvitge, Pants  Off, Solar Corona, Fillas de Casandra, Aphonnic, Ícaro, Xaby dj, Igloo, Eladio y  los seres queridos, Mundo Prestigio, Dharmacide, Dani, Copa turbo, Gator the  alligator, Ortiga, Monoulious Dop e a Duendeneta.